A Marola
Coordenadas: 43°24′24″N 8°20′10″O / 43.40679, -8.33622
A Marola | |
---|---|
Vista dende o mar da illa da Marola | |
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | A Coruña |
Mar | Océano Atlántico |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Marola é un pequeno illote situado fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros na Comarca da Coruña.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A Marola está situada xusto na confluencia das rías de Ferrol, Betanzos e Coruña, polo que é unha zona de correntes e ondas debido ás cales xurdiu o refrán: "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda".[1]
Esta zona oleirense foi declarada monumento natural en 1998.
O illote pódese observar, cunha magnífica vista do Cabo Prior, a Ría de Ares, o faro de Mera e da cidade da Coruña, dende o Seixo Branco, pertencente á xa nomeada costa de Dexo-Serantes.
Os concellos da Coruña e Oleiros adicaron senllas rúas ao illote no barrio de Monte Alto[2] e en Dexo,[3] respectivamente.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A Marola.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ¿Sabes de dónde proviene el dicho «quen pasou a Marola pasou a mar toda»? (27/7/2022) infoleiros.com (en castelán).
- Seoane, Xavier (2013). Roteiro polas Mariñas de Oleiros (PDF). Asociación de Escritores en Lingua Galega, Deputación da Coruña. Consultado o 9-9-2016.
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.